Non ao Gasto Militar Páxina do Espazo Aberto Antimilitar - Vigo



2011

Xa temos dende a semana pasada as cifras da campaña 2011 pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares que dende Galiza como dende outros territorios levamos promovendo dende hai anos.

No referido a Galiza os datos non están completos xa que faltan cando menos os da provincia de Pontevedra, dende o Espazo temos contabilizadas cando menos un decena de OF e algúns dos destinos son RAWA, Baladre, ...

Os datos son os seguintes:

TOTAL OBJECIONES EN EL ESTADO: 585 objeciones – 71. 604’18 €

Datos campaña anterior (2010): 609 objeciones – 59.111’02 €

Tags:

O vindeiro martes 21 de xuño a xente de A Guarda da associaçom cultural a Velha na Horta convidou ao Espazo Aberto Antimilitar a participar na palestra que leva por título: "O gasto militar a debate. Non ao gasto militar".

Será no centro cultural de A Guarda a partires das 19h00.

O Espazo Aberto Antimilitar convoca o sábado 18 de xuño ás 18h30 diante do MARCO un acto de rúa contra o gasto militar e a Guerra de Libia.

A nosa proposta é facer un acto ameno e participativo, polo que animamos a que viñades con gañas de xogar á ruleta dos recortes dos orzamentos.

Ademais durante o acto faremos un debuxo en contra da guerra.

Deixamos o cartaz para que o difundades...

O vindeiro xoves 9 de xuño a partires das 20h30no CSA Cova dos Ratos o espazo convídavos a asistir á charla-presentación da Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro (www.serradogalinheiro.org); os seus obxectivos, actividade e ameazas inmediatas ás que se enfrenta a Serra, a cargo dun dos seus membros.

Esta presentación enmárcase na campaña pola Obxección Fiscal ao Gasto Militar desenvolvida polo Espazo Aberto Antimilitar, ao ser a Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro un dos destinos propostos para a campaña deste ano 2011.

Pinchando aquí podedes atopar o audio da presentacion dos libros "Ejercitos en las calles. Algunas consideraciones sobre el informe Urban Operations in the year 2020 de la OTAN" e "Si vis pacem. Repensar el militarismo en la epoca de la guerra permanente: Textos de las Jornadas Antimilitaristas de Barcelona, septiembre de 2010" a cargo de dous membros de Bardo Edicións (bardoediciones.net) o 17 de maio de 2011 no CS A Cova dos Ratos de Vigo organizado polo Espazo Aberto Antimilitar dentro dos actos da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2011.

O audio con licenza libre neste enalce: www.archive.org/details/PresentacionDosLibrosejercitosEnLasCallesEsiVisPacemDeBardo

Tags:

Seguen os actos de presentación da campaña pola obxección fiscal, deste xeito e convidadas polo CS Lume o vindeiro xoves 19 de maio, às 20h30 dous compañeiros presentarán nese centro social (Gregorio Espino 55) a campaña. Así o contan na web de Lume:

"Baixo o lema Eles nom o farám, fagamo-lo nós, Recortemos o gasto militar, o Espazo Aberto Antimilitar está a desenvolver umha campanha durante este ano 2011 a favor da objecçom fiscal aos gastos militares.

 

O Espazo Aberto Antimilitar convídavos á presentación dos libros a cargo de dous compañeiros de Bardo edicións (bardoediciones.net)

- "Ejércitos en las calles. Algunas consideraciones sobre el informe Urban Operations in the year 2020 de la OTAN"

- "Si vis pacem. Repensar el militarismo en la época de la guerra permanente: Textos de las Jornadas Antimilitaristas de Barcelona, septiembre de 2010"

Será o Martes 17 de maio ás 20.00 horas no CSA Cova dos Ratos (rúa Romil, 3 baixo - Vigo).

Un ano máis quixemos aproveitar o 1º de maio para sacar ás rúas a nosa postura contraria ao gasto militar, máis aínda en tempo de recortes.

Coma dende hai anos, montamos o posto de información sobre a Obxección Fiscal aos Gastos Militares na entrada da rúa do Príncipe para resolver as dúbidas das que por alí se achegaron. Ao redor da mesa montamos un tanque e puxemos os datos do gasto militar no estado Español en 2010. Aproveitamos as distintas manifestacións para repartir máis de mil folletos informativos sobre a campaña de OF deste ano.