centros menores


Hai uns días chegounos unha mensaxe da xente do Colectivo No a O´Belen na que pedían difusión da campaña en contra de Triodos Bank. Este colectivo denuncia o apoio deste banco ético a unha fundación que ten denuncias moi graves polo trato dado aos rapaces internos nos seus centros.

No Espazo Aberto Antimilitar estamos a preparar a campaña 2012 pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares.Este ano faremos especial fincapé na industria militar, a presentación da campaña a faremos o vindeiro venres 13 cunha charla a cargo de Jordi Calvo (Centro Delás) sobre estes temas.

O que si adiantamos son os destinos que propoñemos este ano para desviar os cartos das vosas declaracións:

- “Asemblea pola defensa do Barrio do Cura”: espazo de confluencia de diferentes persoas que decidiron plantar cara á especulación urbanística que ameaza este pequeno reduto do Casco Vello de Vigo, recuperando a capacidade de intervención das veciñas e veciños na xestión do territorio que habitamos.