Non ao Gasto Militar Páxina do Espazo Aberto Antimilitar - Vigo



festival aéreo

Se queredes un pouco de poesía neste tempo de verán aquí deixamos uns versos comprometidos en contra do festival aéreo de Vigo. Tedes este e moitos poemas máis na web: envolventesaspalabras.info

mañan na ria
seica na praia de samil
anunciase un festival aereo

o espazo aberto antimilitar
non comparte a denominacion
destas maniobras na ria
e por elo fixo o cartel
que quixemos compartir con vos
abaixo a praia de samil
e enriba xa vedes

no centro da cidade
tamen hai un cacharro
que é un curioso simulador
da cabina dun avion de combate
onde entran fascinados
rapaces e maiores

mais maniobras pois
http://nonaogastomilitar.org

Tags:

A xente de Asturias tamén terá que padecer un festival aéreo semellante ao de Vigo na cidade de Xixón, tal como amosamos en Vigo o noso rexeitamento a estes espectáculos a Coordinadora de ONGD de Asturias vai facer unha serie de actividades en contra de dito evento.

Deixamos a nota de prensa que quitaron esta semana e o enlace a súa web onde están o resto de actividades e materiais: www.codopa.org/v_portal/apartados/pl_basica.asp?te=227

O vindeiro 24 de xullo Vigo volverá a acoller os avións de guerra do Festival Aéreo de Vigo na praia de Samil. Dende o Espazo Aberto Antimilitar amosamos o noso rexeitamento a este evento, máis aínda neste tempos de crise e recortes sociais.

Co galo do evento elaboramos un panfleto informativo sobre a nosa postura:

NON Á GUERRA NIN COMO ESPECTÁCULO

Durante os últimos anos temos que soportar cada verán a chegada do chamado Festival Aéreo de Vigo, que non é outra cousa que o festival da guerra e o militarismo. Xa durante varios días antes do propio evento escoitamos sobre as nosas cabezas o son estrondoso da morte voando sobre nós, a máis cara e moderna tecnoloxía do ser humano fundida en máquinas cuxa única función é destruír e matar.

Xa sabemos que a ría de Vigo volverá a ter enriba dela unha morea de avións de guerra facendo piruetas, coa celebración do Festival Aéreo Internacional de Vigo. Fronte a isto volveremos a berrar: Non á guerra, nin como espectáculo!, amosando o noso rexeitamento a todo tipo de actividades militares que neste caso queren vendermos como un interesante atractivo turístico para a cidade sen importar os custos económicos, morais, ambientais, etc.

Chama a atención que na web do evento unha alternativa dentro destes actos: "FAV SOLIDARIO,Un espacio para la solidaridad, que permitirá a todas las personas aficionadas a la aeronáutica y seguidoras del festival, que cada año masivamente le apoyan con su presencia y ánimo, convertirse en agentes activos a favor de diferentes causas de interés social". Nin comentarios facemos da maquillaxe solidaria coa que nola queren colar.

Compañeiras da Coordinadora Asturiana de Organizaciones No Gubernamentales para el Desarrollo fannos chegar o seu apoio polos actos de protesta fronte ao Festival Aéreo de Vigo.

Eles o veñen sufrindo dende o 2006 en Xixón e cada ano fan algunha acción en rexeitamento a este tipo de actos. Para este ano teñen preparado un espectaculo de animacion titulado "no es lo mismo, una pompa que una bomba" (unha exhibicion de pompas con reparto de folletos informativos e fotos antimilitaristas).

Seica non toda a cidadanía viguesa está de acordo coa celebración do festival aéreo que se vai celebrar este domingo 18 de xullo. Así o amosan os autocolantes e as numerosas pintadas presentes ao longo de todo o paseo e o muro da praia de Samil, no que se poden ler mensaxes coma: "Non a guerra, nin coma espectáculo" e "Non ao fesival aéreo".

Lémbrade que dende o Espazo propoñemosvos unha acción moi sinxela para amosar a vosa oposición a este tipo de espectáculos que teñen a guerra como telón de fondo, só tedes que facer un avión de papel e facelo voar nesa data. Podedes ver como berramos o ano pasado contra este festival na indymedia.

A fin de semana que ven a Ría de Vigo volverá a acoller o Festival Aéreo de Vigo que fará voar sobre a nosa costa unha morea de avións de guerra de distintos exércitos.

O Espazo Aberto Antimilitar de Vigo rexeita este tipo de actos e como di o lema deste ano a súa intención é simular a paz en tempos de guerra, mentres as tropas españolas extendense por Afganistán, Líbano, Somalia, etc.