Non ao Gasto Militar Páxina do Espazo Aberto Antimilitar - Vigo



video

Vida diaria en Kabul

05 Nov 2010

Vida Diaria en Kabul é un proxecto de periodismo documental en vídeo, foto e texto pensado para a súa divulgación a través de Internet e producido polo Institut Catalá Internacional per a Pau.

Tratando de fuxir da espectacularidade da cobertura de conflitos que pasa exclusivamente por informar dos aspectos militares da guerra, Vida diaria en Kabul propón unha serie de vídeos e textos que se internan na complexidade da situación afgá dende un punto de vista próximo á realidade sobre o terreo. Xenerais, policías, médicos, cooperantes, desprazados internos, empresarios e traballadores que comparten puntos de vista, análise e esperanzas co público occidental.

Tags:

Xa podedes ver os vídeos da presentación en Vigo das accións contra o cumio da OTAN en Portugal a cargo de Vítor Lima. Dar as gracias ás compañeiras de Galiza Contrainfo polo traballo feito. Así presentan os vídeos na súa web:

"O colectivo PAGAM (Plataforma Anto-Guerra, Anti-NATO) apresentou no centro social A Cova dos Ratos de Vigo a jornada de mobilizaçons antimilitaristas que se levaram a cabo durante a cimeira da NATO em Lisboa. A parte da difusom destas actividades, o activista da plataforma explicou numha charla o funcionamento e estratégias desta organizaçom internacional armada do imperialismo."

Vídeo: "Lost"

23 Xul 2010

Achegamos esta curtametraxe titulada "Lost" do director Alberto Dorado Aceñero. Acurta foi segundo premio, na categoría de ficción, do festival de curtametraxes Actúa de Intermón-Oxfam.

Facémonos eco na nosa web da campaña lotienesqueparar.org que pide un parlamento afgano sen criminais de guerra. A campaña conta cun espectacular vídeo de animación no que se fai un percorrido pola situación deste país. Así explican a campaña na súa web:

"Afganistán lleva más de 30 años en conflicto. La población afgana ha sido víctima ininterrumpida de violaciones de derechos humanos. Auténticas atrocidades que hoy siguen impunes. Algunos de los responsables de estas violaciones son diputados en el Parlamento afgano o tienen cargos de poder en el actual Gobierno. Ellos aprobaron una Ley de Amnistía para asegurarse su inmunidad. Mientras la sociedad civil afgana lucha para que se haga justicia, la Unión Europea y los Estados Unidos continúan apoyando al Gobierno y al Parlamento afganos.

 El próximo mes de septiembre se celebrarán elecciones parlamentarias en Afganistán que serán financiadas principalmente por la Unión Europea y los Estados Unidos a las que se presentarán criminales de guerra. Es tu oportunidad para exigir justicia."

Achegamos este vídeo que explica con moita claridade as razóns de porqué facer Obxección Fiscal aos Gastos Militares: