Non ao Gasto Militar Páxina do Espazo Aberto Antimilitar - Vigo



Presentación da Coordinadora

A Coordinadora Galega pola Obxección Fiscal somos un conxunto aberto de colectivos e individuos que estamos interasados en dar a coñecer tanto o irracional Gasto Militar como en dar alternativas á cidadanía para combatilo e crear entre todas as persoas outra sociedade. Concretamente desenvolvemos a Campaña de Obxección Fiscal ao Gasto Militar, unha ferramenta, baseada na accion directa non violenta, de oposición á sociedade armada e belicosa na que vivimos.
Desde aqui queremos facer un chamamento a cooperación e colaboración, tanto informalmente, informando, comentando e alentando a facer a Obxección Fiscal coa xente máis preta de vos; e tamen, tanto aos colectivos como as persoas, a colaborar nas campañas de Obxección Fiscal, montando un grupo local ou axudando nos xa existentes.
Colabora!
Se estas interesado en difundir a campaña de O.F. podes: imprimir ti mesmo o panfleto (ver materiais) e repartilo, organizar charlas ou debates no teu barrio, asociación veciñal, colectivo social... (avísanos con tempo para poder organizalo)
Se pensades "continuar" coa campaña vos podemos incluir no listado de contactos, para facilitar que a xente da túa área ou próxima poida achegarse dun xeito maís persoal a unha persoa que lle poida explicar a iniciativa, ou por se ten dúbidas de calqueira tipo
Para a "coordinación" usamos unha lista de correo electrónica, non vos cortedes en pedirnos que vos anotemos
* Para subcribirse a lista

Tags: