É sabido que dende primeiros de abril é posible presentar a declaración da renda. Moitos colectivos antimilitaristas vimos aproveitando este periodo para denunciar a desfeita que supón, para as persoas, os gastos militares. Por iso animamos dende hai anos, a plasmar nas nosas declaracións da renda o noso rexeitamento a que o Estado dedique os nosos cartos á guerra a través da Obxección Fiscal (neste enlace as instrucións para facela > www.grupotortuga.com/Campana-de-Objecion-Fiscal-al,305).

Neste 2017 volvemos a lanzar a campaña galega pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares con este texto titulado: "Por unha sociedade sen medo, rexeitemos a cultura da guerra".

Nun momento no que parece clara a aposta do estado pola militarización, denunciamos a súa insistencia en fomentar esta cultura de guerra.

O pasado 5 de abril abriuse o prazo para presentar a declaración do IRPF correspondente ao ano 2016, que rematará o 30 de xuño. Aproveitando esta campaña diferentes grupos aproveitamos para rexeitar que cos nosos cartos colaboremos coa guerra. O vimos facendo realizando Obxección Fiscal ao gasto militar na declaración da renda.

A xente de Utopía Contagiosa segue co seu importante traballo. Nesta ocasión fan público o informe sobre a liquidación do gasto militar 2014. En dito documento colaboraron infinidade de colectivos, no caso noso apoiamos dito informe.

Podedes consultalo neste enlace > https://es.scribd.com/document/344146485/Liquidacion-Del-Gasto-Militar-d...

O comezo da nova non ten desperdicio: "Un guardia civil condenado por torturar a Kepa Urra (y posteriormente indultado) lleva años ofreciendo conferencias sobre la aplicación del derecho comunitario en el trato a detenidos y hasta llegó a representar al Estado en una de las visitas periódicas del Comité para la Prevenc

etiquetas: 

José María Navarro García, director xeral de MBDA España dicía hai unhs días que os misís “representan el culmen de la soberanía, como último bastión de la defensa del país”. MDBA a terceira empresa máis grande do mundo en venta de armas vai participar no salón da guerra que vai acoller Madrid.

etiquetas: 

Partillamos esta entrevista a Pepe Beunza, o que foi primeiro obxector de conciencia por motivos políticos no estado español.

etiquetas: 

Esta fin de semana estreouse en Compostela 'Goldi libre', un espectáculo protagonizado polo mesmo protagonista dos feitos que o inspiran: o César Goldi insumiso dos anos 90. Un autorretrato dun insubmiso preso nos cárceres de Felipe González.

Partillamos a crónica poética de Manolo Pipas que fixo logo de asistir á obra "Goldi libre" que se presentou na sala Ártika de Vigo hai unhas semanas.

Podedes ler a crónica no blogue do poeta > http://www.envolventesaspalabras.info/cronikas-de-tempos-de-crise/goldi-...

etiquetas: 

Páxinas