A nosa proposta de destino dos cartos desviados das vosas OFGM 2016 son as seguintes:

Algunhas compas expresan o seu medo a obxectar aos gastos militares na declaración da renda, ao verse incapaces de afrontar os pasos necesarios. Por iso a xente de Tortuga Antimilitar refixo un titorial onde, paso a paso, atoparedes todas as respostas se tedes a vontade de facer Obxección Fiscal.

Deixamos unha breve explicación da "Cláusula contra o uso militar da ciencia":

Que
Esta licenza inclúe a chamada cláusula contra o uso militar da ciencia, que impide o uso dos resultados desta investigación con fines militares e a exércitos e forzas e corpos de seguridade do estado. Tampouco se permite o uso para I+D de carácter militar.

Xa temos a campaña galega pola Obxección Fiscal ao Gasto Militar 2016. Este ano o lema que empregamos é "Cubrámonos do militarismo".

O domingo, aproveitando a mani do 1º de maio repartiremos centos de folletos. Por se non andades en Vigo aquí deixamos o enlace para que descarguedes > http://arkipelagos.net/fiscal_2016.pdf

Cubrámonos do militarismo

A 30 anos do referendo, a OTAN pouco ou nada mudou na súa razón de ser, en tanto que fenómeno histórico. Desde a progresiva militarización da sociedade -cun gasto militar que non deixou de medrar a pesares da crise económica-, á resolución de conflitos unicamente pola vía armada, o crecemento e diversificación da industria militar ou o feito de o Estado español se converter nun importante comerciante de armas a nivel internacional.

O número de guerras e conflitos armados na actualidade, con moito superior ás cifras que os organismos oficiais manifestan, corroboran a íntima relación entre escalada bélica e economía.

O pasado 6 de abril comezou a campaña oficial do Ministerio de Facenda para o IRPF por internet. Poñen a disposición das contribuíntes borradores e datos fiscais ou a posibilidade de realizar a declaración co programa Padre a través de internet.

A Asamblea Antimilitarista de Madrid e Ciencia para el Pueblo comezaron a finais de 2015 unha campaña para denunciar o I+D Militar, coa intención de confluir pouco a pouco cos coletivos que historicamente sostiveron esta iniciativa intentándoa abrir ao máximo de movementos sociais posíbeis.

Debe un estaleiro público vender armamento de guerra a un país que está a violar os dereitos humanos? Esta é pregunta que lanza unha campaña de Amnistía Internacional, que polo de agora leva recollidas máis de 25.000 firmas.

Achegamos un texto das compas de Gasteizkoak. Talde antimilitarista que estrean web > gasteizkoak.org

etiquetas: 

Páxinas