2007
Pechamos a campaña con:
- Proxección de cortos de accións antimilitaristas.
- Explicación da estratexia de desobediencia civil que é a Obxección Fiscal.
- Resolución de dúbidas á hora de cubrir a Declaración da Renda.
- Debate arredor do antimilitarismo...
+info en: http://galiza.indymedia.org/pt/2007/06/11552.shtml
Nos Orzamentos Xerais do Estado para o 2007 o Gasto Militar supón máis do 12% do gasto público, com moitas partidas disimuladas noutros ministerios. A cantidade resultante é superior aos 23 mil millóns de euros (cunha suba de máis do 8,6% respecto ao 2006), uns 63 millóns de euros diarios (5 millons maís de euros por día que no ano 2006), arredor de 520 euros por persoa e ano.
Cada persoa obxectora fiscal decide onde, a que proxecto alternativo quere ingresar os cartos que desvía do IRPF para que, en lugar de ir ao Gasto Militar se dedique a unha verdadeira defensa: do desenvolvimento, do medio ambiente, da cultura, da dignidade das personas… Todos e todas coñecemos alguna organización ou grupo que traballa nestes campos. Desde os grupos de O.F. sempre propomos varios proxectos:
- Comisión de Denuncia de Galiza, Coordinadora social contra as torturas e os malos tratos nas cadeas. (www.denuncia.info)
Un ano máis, os gastos militares increméntanse; un ano mais, cartos públicos vanse adicar á adquisición de avións, tanques, barcos e demais letal chatarra, e ó mantemento dun inmenso exército presuntamente humanitario; un ano mais, as carencias en sanidade e educación públicas, en pensións, en rendas de integración social, son mais que evidentes.
Un ano mais, o poder non nos vai preguntar se estamos dacordo ou non con esta política de gastos.


