Non ao Gasto Militar Páxina do Espazo Aberto Antimilitar - Vigo



coordinadora

A Coordinadora Galega pola Obxección Fiscal somos un conxunto aberto de colectivos e individuos que estamos interasados en dar a coñecer tanto o irracional Gasto Militar como en dar alternativas á cidadanía para combatilo e crear entre todas as persoas outra sociedade. Concretamente desenvolvemos a Campaña de Obxección Fiscal ao Gasto Militar, unha ferramenta, baseada na accion directa non violenta, de oposición á sociedade armada e belicosa na que vivimos.