Non ao Gasto Militar Páxina do Espazo Aberto Antimilitar - Vigo



gastos

O pasado sábado 19 de xuño o Espazo Aberto Antimilitar saía á rúa para visibilizar as enormes contías que o Estado invirte na guerra, no ano pasado ese gasto supuxo o 12,47% do orzamento total.

Eses datos chaman moito máis a atención se os comparamos cos dedicados a partidas como educación, sanidade, prestacións sociais, etc. Por iso no cruce de Príncipe con Colón puxemos varias caixas que representaban esas enormes diferenzas. No acto tamén aproveitamos para lembrar que ata finais de mes temos tempo para facer Obxección Fiscal aos Gastos Militares nas nosas declaracións.

Tags:

Gasto Militar 2008

05 Mar 2008

Os gastos militares no estado español ascenderon a 25.066.870.000€, que significan 520 € por persoa/ano e máis do 12,4% do Gasto Público.

Este ano queremos destacar as inversións na industria militar dos bancos e caixas do estado.

 

 

 

 

 

Gasto Militar 2007

24 Abr 2007

Nos Orzamentos Xerais do Estado para o 2007 o Gasto Militar supón máis do 12% do gasto público, com moitas partidas disimuladas noutros ministerios. A cantidade resultante é superior aos 23 mil millóns de euros (cunha suba de máis do 8,6% respecto ao 2006), uns 63 millóns de euros diarios (5 millons maís de euros por día que no ano 2006), arredor de 520 euros por persoa e ano.

Tags: