campaña galega


O mércores 1 abril Facenda abre a campaña da renda. Polo tanto dese esa data xa podemos acceder ao borrador da declaración da renda 2019 e no caso de estares dacordo confirmalo. As xentes do Espazo Aberto Antimilitar animamos a que outro ano máis fagades Obxección Fiscal aos Gastos Militares nas vosas declaracións, por iso pedimos que non confirmedes o borrador, xa que de facelo perderedes a opción de facer este acto de desobediencia civil en contra do militarismo.

Se estades interesadas en participar na campaña pola Obxección Fiscal aos gastos militares e tedes dúbidas non reparedes en contactar a través do email: espazoantimilitar@riseup.net

Este 2019 cúmprense dous aniversarios destacados para as persoas que rexeitamos o militarismo. O primeiro deles, os 30 anos da insubmisión, lémbranos o poderosa que pode ser a desobediencia civil non violenta como arma para transformar o sistema. Afrontando penas de cadea e sancións de todo tipo, centos de persoas negáronse a facer o Servizo Militar Obrigatorio, até que a solidariedade e o apoio da maior parte da sociedade forzou a súa abolición.

"Nin a guerra é paz. Nin a liberdade é escravitude. Nin a ignorancia é forza"

Con estas tres frases queremos amosar, outro ano máis, o noso rexeitamento ás guerras e á industria militar. Malia as dificultades crecentes, seguimos a recuncar na campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares coincidindo co lanzamento do perído para presentar as declaracións da renda 2017.