obxección fiscal


Xa está pechado o prazo para presentar a declaración da renda, do mesmo xeito rematou tamén o momento para obxectar ao gastos militares.

Como dende hai anos e co fin de elaborar o informe anual cos datos das OF no Estado pedimos a vosa colaboración.

Precisamos que nos fagades chegar os seguintes datos: nome de pila, provincia onde se fai a declaración, contía de cartos obxectados e destino escollido.

Graciñas!

O Espazo Aberto Antimilitar continúa coas charlas de presentación da campaña de Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2015. Nesta ocasión o novo local de Árbore (López Mora 30 - Vigo) acollerá este acto o venres 29 de maio ás 20:30.

O Espazo Aberto Antimilitar convoca un acto de presentación da campaña de Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2015. Será o venres 15 de maio ás 20:30 na parroquia do Cristo da Vitoria de Coia (r/Baiona 9, Coia - Vigo).

A obxección fiscal aos gastos militares é un acto de desobediencia civil que consiste en negarse a  colaborar co estado á hora de sufragar os gastos destinados á preparación de guerras, mantemento da estrutura militar, exército e outros corpos armados destinados ao control social.

Tecnicamente, desobedécese de forma activa no momento de realizar a declaración da renda, desviando unha parte dos impostos que nos cobran a un proxecto que traballe pola xustiza social.

Un deses proxectos, que o EAA propomos como destino da obxección este ano, é a Asemblea Aberta de Coia, que participará tamén na presentación da campaña facendo un repaso destes meses de loita na rotonda de Coia en contra da dilapidación de cartos públicos e da desfeita de políticas sociais.

Na fin de semana a xente do Espazo Aberto Antimilitar repartimos na manifestación de Vigo en contra do TTIP os primeiros panfletos da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2015. Achegamos o folleto, que podedes descargar neste enlace > http://arkipelagos.net/fiscal_2015.pdf e o texto presentación da campaña.

Se o ano pasado lembrabamos os 25 anos da insubmisión en Galiza e no Estado Español en xeral, este ano queremos facer fincapé na necesidade de que a loita que supuxo contra as guerras e o militarismo continúe sendo unha realidade.

O 7 de abril facenda abre a campaña da renda 2014, moitos grupos do Estado aproveitamos este momento para animar a facer Obxección Fiscal aos aos gastos militares na declaración do IRPF. Lembra que se queres facer este acto de desobediencia non podes confirmar o borrador que che envie facenda.

As xentes de Alternativa Antimilitarista - MOC ofrecen, outro ano máis, as cifras da campaña de Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2014 no Estado Español. Os resultados son os seguintes:

TOTAL OBXECCIÓNS No ESTADO: 773 OF – 91.812’61 € (143 OF menos que en 2013).

Os datos na Galiza son os seguintes:

O Espazo Aberto Antimilitar participará nunhas xornadas antimilitaristas organizadas en Cangas os días 10 e 18 de outubro. Animámosvos a todas/os a asistir e participar desta iniciativa desenvolvida no veciño concello do Morrazo.

O venres 10 de outubro a partires das 20:00 inaugurase a mostra de fotos "Movemento de insubmisión en Vigo" con imaxes do MOC, para a continuación escoitar a charla: "Obxección Fiscal ao gasto militar".

A xente de Tortuga coincidindo co peche da campaña da renda volve a pedir un ano máis axuda para recoller os datos das Obxección Fiscais no Estado Español.

Se podedes achegarnos os datos de Galiza das vosas OF, nós llos encamiñaremos a eles.

Vai a solicitude que fixeron:

Páxinas