obxección fiscal


O Espazo Aberto Antimilitar lanza outro ano máis a campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares (OFGM) baixo o lema: "Os teus impostos matan, ti podes desarmalos". Como cada ano vos propoñemos destinos alternativos aos que enviar os cartos, este ano ademais do propio Espazo son: A Ría Non Se Vende e a Asociación Revolucionaria de Mulleres de Afganistán (RAWA).

"Os teus impostos matan, ti podes desarmalos".

Coa que está caendo (crise económica e os conseguintes recortes sociais), o Goberno vai empregar (como mínimo) a cantidade de 18.160,89 millóns de euros en gasto militar. Cantidade que, obviamente, aportamos todas vía impostos; cantidade que NON será dedicada a pensións, ensino, sanidade ou subsidios, por poñer algúns exemplos.

Esta inversión continuada, descomunal e disparatada en investigación militar, armamento e en manter un exército cada vez máis expedicionario, non contribúe en absoluto a mellorar a seguridade de ninguén. Antes ben, supón un risco para a existencia da vida, e do mesmo planeta.

Programas coma o HAARP* estadounidense, consistente na manipulación da propia atmosfera para poñela ao servizo da eficiencia militar, poñen en evidencia que este risco non é unha hipótese posíbel nun futuro lonxano, senón que é unha realidade plenamente actual.

Alternativa Antimilitarista-MOC presenta os datos das persoas que no ano 2009 obxectaron aos gastos militares no Estado Español. En total 875 persoas (aínda que saben que foron moitas máis) obxectaron aos gastos militares, desviando unha contía de 80.600 € a organizacións cidadás que lle deron un mellor uso aos cartos que o Estado Español pretendía dedicar á guerra.

Páxinas