justicia i pau
Hai algo máis dun mes convidamos a Alejandro Pozo (investigador do Centre d'Estudis per la Pau J.M. Delas - Justícia i Pau) para que nos explicara que está a facer o exército español en Afganistán. Aproveitando a súa estadía en Vigo os compañeiros de Radio Piratona fixéronlle unha entrevista na que ademais de falar de Afganistán explicou onde hai tropas españolas fóra das nosas fronteiras e que papel xogan.
Podedes escoitar a entrevista indo a este enlace: www.sindominio.net/piratona/audios.html e pinchando no apartado "Especiais" e "Afganistán".
O Espazo Aberto Antimilitar dentro das actividades da campaña contra o gasto militar e pola obxección fiscal 2010 organiza a charla:
"O intervencionismo de exército español, caso de Afganistán" a cargo de Alejandro Pozo (investigador do Centre d'Estudis per la Pau J.M. Dels - Justícia i Pau, www.justiciaipau.org). Terá lugar o venres 16 de abril ás 20h30 no CSA "Cova dos Ratos" (Romil 3 baixo - Vigo).
Cascos azuis en misión de paz, ou... militares da OTAN en misión de guerra?
O Estado español colabora coa ocupación militar de Afganistán, a cal non deixa de matar á poboación civil. 1550 son os millóns de euros gastados. 14000 os militares españois que teñen pasado por Afganistán, máis de 1500 actualmente fixos a petición dos EE.UU. Xa son 90 os soldados españois mortos. As baixas civís poden chegar ás 31000 persoas mortas...



